Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14837

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Segunda)

EDICTO (RSU 5658-2010 FF).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 5658/2010 desta sección, seguidos por instancia de Maria Olga González Fernández contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Perfumerías Dromay, S.L., Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enferm. Profes. de SS nº 274, sobre accidente de grao, foi ditada sentenza, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por María Olga González Fernández contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense, do 10 de setembro de 2010, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na lei da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Perfumerías Dromay, S.L. con último domicilio coñecido rúa Santiago Tamallancos, km, 250 Vilamarín, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de abril de 2013

A secretaria xudicial