Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14832

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (200/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 200/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Agustín Fondevila Reboredo contra a empresa Transportes Riazor, S.A. sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 12 de abril de 2013

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 200/2013, sendo demandante Agustín Fondevila Reboredo, representado pola letrada Sra. Navarrete Rey, e demandada a empresa Transportes Riazor, S.A., que foi citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Agustín Fondevila Reboredo contra a empresa Transportes Riazor, S.A., e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato do demandante e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, opte entre a readmisión de Agustín Fondevila Reboredo nas mesmas condicións que rexían no momento de producirse o despedimento, e isto con aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a da presente sentenza, importan a cantidade de 566,88 euros, aos cales haberá que engadir os que se devindiquen ata a notificación desta, a razón de 7,66 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento a Agustín Fondevila Reboredo da cantidade de 9.652,44 euros en concepto de indemnización.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado e facer constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Transportes Riazor, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 12 de abril de 2013

A secretaria xudicial