Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14834

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 415/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2013.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos nº 415/2012, promovidos ante este xulgado do social sobre seguridade social-prestacións de incapacidade temporal, por instancia de Clara Boo Bueno, asistida da letrada Anxos Cancela Regueiro contra Hogar Positivo, S.L., que non comparece, Mutua Gallega, asistida e representada pola letrada Iria Sánchez Corbal e o INSS, asistido e representado pola letrada da administración da Seguridade Social Belén Guerra Díaz, pronunciou a seguinte sentenza:

Resolvo que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Clara Boo Bueno e, en consecuencia, declaro que a base reguladora diaria da prestación de IT do período iniciado o 31 de agosto de 2010 ascende a 39,17 euros diarios e condeno a empresa Hogar Positivo, S.L. a aboar á demandante 282,07 euros en concepto de prestacións de incapacidade temporal percibidas do 3 ao 14 de setembro de 2010 con responsabilidade subsidiaria da mutua demandada e obriga de anticipo desta e con absolución do INSS.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación».

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2013