Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14553

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barreiros

ANUNCIO de información pública sobre apertura de local para reparación de vehículos e venda de maquinaria en O Barrio Novo (San Pedro de Benquerencia).

Juan Iglesias Longarela solicitou desta alcaldía licenza municipal para apertura de local para reparación de vehículos e venda de maquinaria que se situará en O Barrio Novo (San Pedro de Benquerencia). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Barreiros, 11 de abril de 2013

José Alfonso Fuente Parga
Alcalde