Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14554

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de licitación do contrato de execución das obras do proxecto de construción da Casa dos Veciños de Cespón.

Juan José Dieste Ortigueira, alcalde do Concello de Boiro, en execución do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión do 2 de abril de 2013, por medio deste anuncio efectúa a convocatoria do procedemento aberto, oferta máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, tramitación ordinaria, para adxudicar o contrato de obras denominado construción da Casa dos Veciños de Cespón, conforme os seguintes datos:

0. Regulación harmonizada.

a) Contrato non suxeito a regulación harmonizada.

1. Proxecto.

Proxecto básico e de execución modificado para a construción da Casa dos Veciños de Cespón.

1. bis. Codificación.

A. Clasificación nacional de produtos por actividades (CNPA-2009).

B. Vocabulario común de contratos.

CPV 45210000 (construción de edificios).

2. Orzamento.

320.228,00 euros (IVE incluído).

3. Aplicación orzamentaria.

334.1.622.01

4. Prazo de execución.

Fixado no proxecto: 9 meses.

Redución de prazo como criterio de valoración:

x aplicable no presente prego.

� non aplicable.

4. bis. Porcentaxe subcontratación.

60 % do prezo de adxudicación.

5. Clasificación.

Non se exixe.

6. Lugar de presentación de ofertas.

Rexistro de Entrada do Concello de Boiro, das 9.00 ás 13.00 horas, de luns a sábado.

7. Prazo de presentación de proposicións.

26 días naturais contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

8. Perfil do contratante.

8.1. Enderezo da páxina web: www.boiro.org

8.2. Publicación de adxudicación (indicar a opción elixida):

a) No BOP.

b) No perfil do contratante.

9. Garantía definitiva.

O 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

10. Taxas do contrato.

Non.

11. Revisión de prezos.

Non procede.

12. Control de calidade.

Si.

13. Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación por conta do contratista.

2.000,00 €.

Outros datos:

Información:

Lugar onde se poden obter copias do proxecto e prego.

Perfil do contratante: www.boiro.org

Teléfono: 981 84 99 60

Correo electrónico: TAX@boiro.org

Secretaría Xeral do Concello de Boiro

Boiro, 10 de abril de 2013

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde