Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14556

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de concesión de axudas económicas a persoas con discapacidade física e afectadas de graves dificultades de mobilidade para gastos de transporte en taxi adaptado.

No BOP de Lugo núm. 97, do sábado día 27 de abril de 2013, publícanse as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de axudas económicas a persoas con discapacidade física e afectadas de graves dificultades de mobilidade para gastos de transporte en taxi adaptado. Corresponden ao exercicio económico 2013 e están aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm. 13003814, do día 23 de abril.

O que se fai público para que produza os efectos oportunos.

Lugo, 27 de abril de 2013

P.S. (Decreto da Alcaldía 13000897, do 5.2.2013)
Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo