Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2013 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de operación, mantemento e mellora continua do Campus Multimedia desta universidade (expediente 301/13).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2. Domicilio: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais. Campus As Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4. Teléfono: 986 81 35 56.

5. Telefax: 986 81 38 57.

6. Correo electrónico: xscont@uvigo.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

8. Data límite de obtención de documentación e información: 27.5.2013.

d) Número de expediente: 301/13.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de operación, mantemento e mellora continua do Campus Multimedia da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: non procede.

d) Lugar de execución e/ou entrega:

1. Domicilio: Campus das Lagoas-Marcosende.

2. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de execución: un ano a partir do 1 de agosto de 2013, ou desde o día seguinte ao do asinamento do contrato. No entanto, en ambos os casos o contrato pode ser prorrogado conforme a cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e tendo en conta a cláusula sexta da folla de resumo de características.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 72250000-2//92110000-5. CPA: J62.01.11.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no punto 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: 295.000 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 295.000 €. Importe total: 356.950 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

c) Complementaria: 5 % adicional para empresas incursas inicialmente en ofertas anormais ou desproporcionadas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Para as empresas españolas: exíxese clasificación.

Clasificación: grupo: T; subgrupo: 04; categoría: b.

Clasificación: grupo: V; subgrupo: 02; categoría: b.

b) Para as empresas estranxeiras: solvencia económica, financeira, técnica e profesional: as que se indican nos puntos 11, 12 e 13, respectivamente, da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Para todas as empresas: outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 3 de xuño de 2013.

b) Modalidade de presentación: en papel tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2. Domicilio: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n. Campus das Lagoas-Marcosende.

3. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

4. Enderezo electrónico: xscont@uvigo.es

8. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para o sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Dirección: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar. Praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario; aproximadamente 1.200 euros.

11. Outra información de interese: préstamo CEI (Campus Excelencia Internacional).

12. Data de envío ao Diario Oficial de la Unión Europea: 23.4.2013.

Vigo, 25 de abril de 2013

P.D. (Resolución do 5.9.2011, DOG do 14 de setembro)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo