Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14375

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4442/2010).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4442/2010.

Xulgado de orixe/autos: demanda 120/2010 do Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrente: Manuel Castro Caballero.

Avogada: Beatriz Roel Alonso.

Procurador: Antonio Pardo Fabeiro.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Rocas de Porriño, S.L., Manuel Carlos Arroyo Hervalejo.

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4442/2010 desta sección, seguido por instancia de Manuel Castro Caballero contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Rocas de Porriño, S.L., Manuel Carlos Arroyo Hervalejo, sobre recarga de accidente, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Manuel Castro Caballero contra a Sentenza de data 2 de xuño de 2010, ditada polo Xulgado do Social número tres dos de Vigo, en proceso sobre infracción de medidas de seguridade (recarga de prestacións), promovido polo recorrente fronte á empresa Rocas de Porriño, S.L. e outros, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Rocas de Porriño, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de abril de 2013

A secretaria xudicial