Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14046

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1352/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1352/2012, por instancia de Sandra Ríos Garrido contra a empresa Alisam Coruña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 4 de abril de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Sandra Ríos Garrido contra Alisam Coruña, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, xa que se estima a excepción de caducidade oposta por esta última, e, en consecuencia,

Condénase a Alisam Coruña, S.L. a lle aboar á demandante a cantidade de mil oitocentos trinta e catro euros con vinte e oito céntimos (1.834,28 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Alisam Coruña, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de abril de 2013

A secretaria xudicial