Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14047

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (244/2012).

Número de autos: seguridad social 244/2012.

Demandante: Juan Carlos Fernández Dieste.

Avogado: Xosé Febrero Bande.

Demandado: Servizo Público de Emprego Estatal.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 244/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Juan Carlos Fernández Dieste contra a empresa Servizo Público de Emprego Estatal sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Ditame.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Juan Carlos Fernández Dieste contra o SPEE e Piscifactoría Souto Redondo, S.L. e, en consecuencia, declaro o dereito do demandante a percibir a prestación de desemprego recoñecida cunha base reguladora diaria de 39,15 euros, condeno o SPEE ao aboamento da prestación en razón á base cotizada de 24,51 euros e a empresa Piscifactoría Souto Redondo, S.L. polo resto ata a cantidade sinalada, sen prexuízo da obriga da entidade xestora de aboar a totalidade da prestación, e poderase repetir contra a empresa pola diferenza ao seu cargo.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á demandada Piscifactoría Souto Redondo, S.L. por encontrarse en ignorado paradoiro, expídese a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2013

A secretaria xudicial