Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14049

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (197/2012).

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 197/2012, por instancia de Raquel Fernández Gago, contra o executado José Ángel Silva González, sobre reclamación de cantidade, se ditou, o 15 de abril de 2013, o decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 1.518,78 euros de principal, máis 117,75 euros de xuros de mora, máis 163,65 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. Y de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido esta declaración para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2013

A secretaria xudicial