Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14045

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (544/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 544/2011, por instancia de Paula Morón Morón contra Esabe Vigilancia, S.A., sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 8 de abril de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decisión.

Estímase a demanda interposta por Paula Morón Morón contra Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia:

– Condénase a Esabe Vigilancia, S.A. a lle aboar á demandante a cantidade de mil oitocentos dezasete euros con oitenta e un céntimos (1.817,17 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de abril de 2013

A secretaria xudicial