Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14035

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (350/2010).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 160/2012.

Pontevedra, 21 de decembro de 2012.

Vistos por min, María Luisa Maquieira Prieto, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra e o seu partido, os presentes autos nº 350/2010 sobre xuízo ordinario, seguidos ante este xulgado, por instancia do procurador dos tribunais Sr. Soto Santiago, en nome e representación da mercantil Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., asistida polo letrado Sr. Pazos Pérez, en substitución do letrado Sr. Pazos Pesado, fronte a Carlos Carballo Sánchez e Inés Miyares Sanvicente (esta última para os efectos do artigo 144 do Regulamento hipotecario), declarados en rebeldía procesual, de reclamación de cantidade, declárase.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo que estimo a demanda formulada polo procurador dos tribunais Sr. Soto Santiago, en nome e representación da mercantil Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., fronte a Carlos Carballo Sánchez e Inés Miyares Sanvicente (esta última para os efectos do artigo 144 do Regulamento hipotecario), declarados en rebeldía procesual, e na súa virtude, debo declarar e declaro que procede que a parte demandada aboe á entidade demandante a cantidade reclamada que ascende ao importe de catro mil quiñentos trinta e tres euros con trinta e un céntimos (4.533,31 euros), cos xuros legais preceptivos del artigo 576 da LAC, e todo isto con imposición das custas deste procedemento á demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, atendida a contía deste procedemento, superior a 3.000 euros, de conformidade co disposto no artigo 455, punto 1º da LAC, na súa redacción dada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Carlos Carballo Sánchez y Inés Miyares Sanvicente, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 26 de decembro de 2012

El/la secretario/a