Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 18 de abril de 2013, da Xefatura da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador PO-S-37/2012 por infracción administrativa en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xeneiro), notifícaselle á persoa que se cita a continuación a resolución ditada pola Xefatura da Área Provincial de Pontevedra da Axencia Turismo de Galicia, do expediente sancionador en materia de turismo número PO-S-37/2012, por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, ante a Secretaría Xeral para o Turismo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Expediente: PO-S-37/2012.

Titular sancionado: Sergio López Pacheco.

Establecemento: restaurante Imperio.

Enderezo: avenida de Galicia, nº 25, baixo, Ponteareas.

Concello: Ponteareas.

Data da resolución: 19 de febreiro de 2013.

Feitos imputados:

– Incumprir o deber de exhibir os distintivos, os carteis, a lista de prezos e a documentación exixida pola normativa turística, así como exhibilos sen as formalidades requiridas.

– Expedir sen os requisitos exixidos pola normativa turística as facturas ou os xustificantes de cobramento polo servizos prestados, así como non conservar os correspondentes duplicados durante o tempo establecido regulamentariamente.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.f) e h) da Lei 7/2011, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: 1.000 euros, 500 euros por cada unha das faltas leves, como responsable de dúas infraccións administrativas de carácter leve en materia de turismo, tipificadas no artigo 109.2.b) e 109.2.d), da Lei 7/2011, de turismo de Galicia.

Pontevedra, 18 de abril de 2013

Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Pontevedra