Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13844

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de información pública (expediente 25017/12).

Solicitude de licenza municipal de obras de acondicionamento e instalación de local con destino a aparcadoiro público no inmoble sito na rúa Estrada, nº 17, baixo, en Pontevedra.

Solicitante: Victoriano Moldes Ruibal, S.A., r/p Ángel Centeno Pardilla.

Edicto:

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente 25017/12, tramitado por instancia da entidade Victoriano Moldes Ruibal, S.A., de licenzas municipais de obras de acondicionamento e instalación de local con destino a aparcadoiro público no inmoble sito na rúa Estrada, nº 17, baixo, en Pontevedra, de modo que durante un prazo de vinte días poderán presentarse alegacións en relación coa solicitude formulada e poderá consultarse o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello de Pontevedra.

Pontevedra, 8 de marzo de 2013

Antonio Louro Goyanes
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo