Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13845

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan especial de reforma interior dos Concheiros-Cotaredo-San Lázaro na rúa do Valiño (números 25 a 31).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 27 de marzo de 2013, adoptou o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan especial de reforma interior do PERI dos Concheiros, segundo a proposta de ordenación volumétrica presentada con data do 20 de decembro de 2012 por Urbi Lucsa, S.L., cuxo ámbito de actuación se corresponde cos números 25 a 31 da rúa do Valiño (parcela 90 do PERI).

b) En aplicación do procedemento regulado polo artigo 86.1 da LOUG, o expediente someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente practicarase citación persoal a todos os propietarios das parcelas afectadas, segundo figuran no Catastro, con publicación do correspondente edicto no Boletín Oficial da provincia.

c) Durante o trámite de información pública solicitarase o informe do director xeral do Patrimonio Cultural, en cumprimento do disposto polo Decreto 247/2012, do 22 de novembro, polo que se aproba a delimitación do Camiño Francés.

d) Como condición para a aprobación definitiva, acreditarase a conformidade dos propietarios que representen máis do 50 % da superficie afectada, segundo exixe o artigo 74.c) da LOUG.

e) O acordo de aprobación inicial determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 77.2 da LOUG, a suspensión do outorgamento de licenzas para todas aquelas actuacións que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta, durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial, e extinguirase en todo caso coa aprobación definitiva do planeamento.

O citado expediente sométese ao trámite de información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e, de ser o caso, formulen as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2013

María Pardo Valdés
Concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible