Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13847

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e das bases para a provisión, polo sistema de concurso específico, do posto de xefe do Servizo de Contratación e Fomento.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 82, do 10 de abril de 2013, publícanse a convocatoria e as bases para a provisión do posto de traballo, vacante na RPT, que se proverá polo sistema de concurso específico, que a continuación se relaciona:

Número de vacantes: unha. Adscrición: Servizo de Contratación e Fomento-Secretaría Xeral Adxunta-Secretaría Xeral-Presidencia. Denominación: xefe do Servizo de Contratación e Fomento. Complemento de destino: 28. Requisitos indispensables: poderán tomar parte nesta convocatoria os funcionarios propios da entidade convocante e doutras entidades da Administración local que pertenzan á escala de Administración xeral, subescala técnica ou de xestión, grupo A, subgrupo A1/A2.

Presentación de solicitudes: presentaranse no modelo oficial que estará á disposición dos interesados na Unidade de Selección, Promoción e Carreira e na páxina web da entidade (www.deputacionlugo.org).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral desta entidade ou nos lugares determinados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Dirixiranse ao presidente da Deputación Provincial de Lugo.

Prazo de presentación: quince días habiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que deriven da convocatoria se publicarán no BOP de Lugo, no taboleiro de anuncios e na páxina web desta corporación.

Lugo, 10 de abril de 2013

P.D. (Decreto 2228/2012)
Lara Méndez López José Antonio Mourelle Cillero
Vicepresidenta da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Lugo Provincial de Lugo