Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, das obras de embelecemento do núcleo de Santa María das Ermidas (O Bolo, Ourense)

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: obra, aberto con pluralidade de criterios.

Descrición do obxecto: obras de embelecemento do núcleo de Santa María das Ermidas (O Bolo, Ourense).

Prazo de execución: seis meses (6 meses).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 762.245,59 €.

IVE (21 %): 160.071,57 €.

Importe total: 922.317,16 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de claúsulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18746

Información de índole técnica: teléfono 981 54 62 25.

Información de índole administrativa: teléfono 981 54 74 99.

7. Requisitos específicos do contratista.

Exíxese clasificación no grupo C, subgrupo 4, categoría d, subgrupo K-7, categoría c.

Solvencia técnica específica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: o vinte e seis día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Axencia Turismo de Galicia, praza de Mazarelos 15,15703 Santiago de Compostela, en sobre pechado. Se as proposicións se cursan por correo observarase o previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobre B e C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada, con tres días hábiles de antelación a súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 euros.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora de Turismo de Galicia