Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13828

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2013 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario de varios portos.

Cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 30 de marzo de 2012, outorgar por resolución, que pon fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

– Resolución: 17 de xaneiro de 2013.

Referencia: 12-34-11-C-1.

Obxecto: regularización dunha nave para almacén.

Porto: Cee-Brens.

Concesionaria: Ferroatlántica, S.A.

Prazo: 15 anos.

Taxas: 2.957,55 €/ano e o 1,5 % da facturación anual.

– Resolución: 25 de xaneiro de 2013.

Referencia: 13-05-11-C-2.

Obxecto: construción dunha instalación de subministración de combustible a embarcacións pesqueiras.

Porto: Vilanova de Arousa.

Concesionario: José Barros Cuervo.

Prazo: 25 anos.

Taxas: 974,46 €/ano e o 1,05 % da facturación anual de todas as actividades portuarias.

– Resolución: 13 de febreiro de 2013.

Referencia: 12-10-12-C-1.

Obxecto: ocupación de terreo e rampla con destino á explotación dun guindastre de 5 toneladas para izada/varada de embarcacións e actividades complementarias de reparación de embarcacións.

Porto: Pontedeume.

Concesionario: José Antonio Sánchez Pérez.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 3.319,43 €/ano e o 1,1 % do volume de negocio.

– Resolución: 13 de febreiro de 2013.

Referencia: 12-50-11-C-1.

Obxecto: construción dunha instalación de subministración de combustible.

Porto: A Pobra do Caramiñal.

Concesionario: Juan Alberto del Río Vázquez.

Prazo: 25 anos.

Taxas: 1.372,4 €/ano, o 1,25 % da facturación anual por actividades portuarias e o 2,25 % da facturación anual por actividades non portuarias.

– Resolución: 18 de febreiro de 2013.

Referencia: 14-07-12-C-3.

Obxecto: instalación dunha liña de media tensión soterrada na rúa do Porto para subministración eléctrica a edificio de vivendas de nova construción lindante o porto.

Porto: Viveiro-Celeiro.

Concesionaria: Inmo Xerión, S.L.

Prazo: 10 anos.

Taxas: 183,23 €/ano e o 2 % do volume de negocio.

– Resolución: 22 de febreiro de 2013.

Referencia: 12-21-67-C-1.

Obxecto: modificación substancial da concesión para a instalación dun surtidor e tanque de 25.000 litros.

Porto: Laxe.

Concesionaria: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.L.

Prazo: 10 anos.

Taxas: 131,16 €/ano e o 1 % de volume de negocio.

– Resolución: 27 de marzo de 2013.

Referencia: 12-52-12-C-1.

Obxecto: outorgamento da construción de dous edificios para usuarios do porto.

Porto: Cabo de Cruz.

Concesionaria: Gaesco Santiago, S.L.

Prazo: 30 anos.

Taxas: 4.073,97 € e o 1,5 % de volume de negocio.

– Resolución: 27 de marzo de 2013.

Referencia: 12-19-12-C-1.

Obxecto: outorgamento de ocupación e adaptación de instalacións de subministración de combustible a embarcacións pesqueiras.

Porto: Malpica.

Concesionaria: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.L.

Prazo: 15 anos.

Taxas: 2.218,8 €/ano e o 1 % de volume de negocio.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución que fai público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia