1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 53/2013.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: servizo para o soporte á plataforma hardware e software de infraestrutura que afecta os servidores SUN M800 e a infraestrutura de backup do Servizo Público de Emprego da Xunta de Galicia.
b) División por lotes e número: si, 2.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir da data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: si.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 62.197,89 €, máis 13.061,56 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 75.259,45 € (setenta e cinco mil douscentos cincuenta e nove euros con corenta e cinco céntimos de euro), que se distribúen nas seguintes anualidades segundo os lotes:
Lote 1: hardware e licenzas software obxecto do mantemento.
• 2013: 12.626,10 € + IVE (2.651,48 €) = 15.277,58 €.
• 2014: 25.252,19 € + IVE (5.302,96 €) = 30.555,15 €.
• 2015: 12.626,10 € + IVE (2.651,48 €) = 15.277,58 €.
Total: 50.504,39 € + IVE (10.605,92 €) = 61.110,31 €.
Lote 2: software de base backup Legato Networker da plataforma SUN.
• 2013: 2.923,38 € + IVE (613,91 €) = 3.537,29 €.
• 2014: 5.846,74 € + IVE (1.227,82 €) = 7.074,56 €.
• 2015: 2.923,38 € + IVE (613,91 €) = 3.537,29 €.
Total: 11.693,50 € + IVE (2.455,64 €) = 14.149,14 €.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información:
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dirección: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18772
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte á data de publicación deste anuncio no DOG.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no Edificio Administrativo San Caetano.
2. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas:
O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa ao sobre B indicarase no perfil de contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2013
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia