Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13682

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Catoira

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial do sector SUID-1.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 25 de febreiro último, aprobou definitivamente o Plan parcial do sector SUID-1, promovido por Conservas Friscos, S.A. O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, ao tempo que se fai constar que a documentación prevista no punto 3) do dito artigo foi remitida á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Catoira, 8 de abril de 2013

Alberto García García
Alcalde presidente