Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento de edificación para instalación de adega na Granxa (Sela).

Grupo Gallego Valei, S.L.U. solicitou a licenza para levar a cabo o acondicionamento de edificación para instalación de adega no lugar da Granxa (Sela). En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa pubicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Arbo, 21 de marzo de 2013

Xavier Simón Fernández
Alcalde