Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13678

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de contratación do servizo denominado Bos días cole.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ames.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) É a contratación do servizo programa Bos días cole no Concello de Ames.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: Concello de Ames.

d) Prazo de execución: comezará canda o curso escolar (2013-2014) e terá unha duración inicial de dous cursos escolares (2013/2014, 2014/2015) prorrogable expresamente por períodos dun curso escolar, ata o máximo de catro cursos escolares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: prezo unitario monitor/hora: máximo 15 euros máis IVE.

Prezo unitario almorzo servido: 1,50 euros máis IVE.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Ames.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n, Bertamiráns.

c) Localidade e código postal: 15220 Ames (A Coruña).

d) Teléfono: 981 88 30 02.

e) Telefax: 981 88 46 56.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Presentación de ofertas: os licitadores poderán presentar as proposicións, no Rexistro Xeral do Concello de Ames, ata as 14.00 horas no prazo de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da última publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia.

a) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Lugar de presentación: Rexistro do Concello de Ames.

1. Entidade: Concello de Ames.

2. Domicilio: praza do Concello, s/n, Bertamiráns.

3. Localidade e código postal: 15220 Ames (A Coruña).

c) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello.

b) Domicilio: praza do Concello, s/n, Bertamiráns.

c) Localidade: Ames.

d) Data e hora: indicarase cunha antelación mínima de dous días hábiles no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do concello.

9. Gastos de anuncios: o adxudicatario estará obrigado a pagar todos os gastos de publicación de anuncios de licitación e, de ser o caso, doutros que se poidan inserir por causa do obxecto do contrato ou en cumprimento da lexislación vixente.

10. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.concellodeames.org.

Ames, 27 de marzo de 2013

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde