Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13683

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Larouco

ANUNCIO de información pública sobre construción de adega nas Salgueiras.

María Cristina Murga Macías solicitou neste concello licenza de construción e actividade dunha adega artesanal de elaboración e embotellamento de viño escumoso nas Salgueiras-Larouco (Ourense).

Exponse ao público este edicto durante o prazo de vinte (20) días, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Todas as persoas que se consideren afectadas pola actividade poderán examinar o expediente, na Secretaría desde concello, desde o día seguinte ao da última publicación no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia e formular as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Larouco, 8 de abril de 2013

Joaquín Bautista Prieto Rodriguez
Alcalde