Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Luns, 29 de abril de 2013 Páx. 13480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 9 de abril de 2013, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica á persoa interesada a resolución denegatoria de subvención de rehabilitación protexida de vivendas, presentada ao abeiro da Orde de 12 de abril de 2012.

De conformidade co disposto nos artigos 57, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a resolución denegatoria de subvención de rehabilitación que se detalla no anexo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interporse calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 9 de abril de 2013

José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: O09-RS-0456/11.

Responsable: Esperanza Pardo Rodríguez.

Enderezo: rúa Río Bubal, número 25, 3º D, 32001 Ourense.

Resolución que se notifica: denegación da solicitude de subvención de rehabilitación protexida de vivendas, presentadas ao abeiro da Orde do 12 de abril de 2012.