Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13170

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (601/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre vacacións 601/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ebenecer Brid Álvarez contra a Consellería de Traballo e Benestar, sobre vacacións, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Auto:

A Coruña, 5 de abril de 2013

Antecedente de feito único. Que neste xulgado se seguen os autos 601/2012, sobre vacacións.

O día 10 de decembro de 2012 a representación da Xunta de Galicia, parte demandante no presente procedemento, pediu por escrito a terminación deste por satisfacción extraprocesual, e iso por que son concedidas as vacacións á traballadora demandante para o seu desfrute nos períodos interesados a través da demanda que inicia as presentes actuacións.

Parte dispositiva:

Declárase a terminación do procedemento por carencia sobrevida de obxecto.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de reposición no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino, Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, en funcións de reforzo».

E para que conste e sirva de notificación a Ebenecer Brid Álvarez, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 5 de abril de 2013

A secretaria xudicial