Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13169

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (91/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que por medio do presente e en virtude do acordado na Resolución do 1 de abril de 2013, ditada no proceso seguido por instancia de Manuel Jesús Rodríguez Blanco contra Reguera Trans, S.L., Explotaciones Agrícolas Ifre, S.L., Logística Cecarmi Lugo, S.L., Jucarmi Logística, S.L., Julio Reguera Santos e Julio Reguera Gómez, rexistrado co número 91/2013, acordouse citar a Reguera Trans, S.L. e Explotaciones Agrícolas Ifre, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 12 de xullo de 2013, ás 11.35 horas, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número 1, sito na rúa Armando Durán, núm. 1, 4º, de Lugo. Deben comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia, co apercibimento que recolle o artigo 59 da LRXS para os efectos de posteriores comunicacións.

E para que sirva de citación a Reguera Trans, S.L. e Explotacións Agrícolas Ifre, S.L., expídese esta cédula para a súa remisión ao Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de abril de 2013

O secretario xudicial