Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13171

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (156/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre vacacións 156/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Varela Lema contra a empresa Limpezas El Polígono, S.L. sobre vacacións, ditouse a seguinte resolución:

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Iván Varela Lerma contra Limpezas El Polígono, S.L. rexistrado co número vacacións 156/2013 se acordou citar a Limpezas El Polígono, S.L. en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, CP 15707 o día 7.5.2013 ás 8.55 e 9.00 horas para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ao representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, ao obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Limpezas El Polígono, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2013

A secretaria xudicial