Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican os acordos de inicio dos expedientes sancionadores por infracción en materia de espectáculos públicos PO-63/13 NL, PO-85/13 NL e PO-96/13.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, LRXPAC), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións corresponde aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º da LOSC e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Infórmase de que, de conformidade co disposto no artigo 135 da LRXPAC e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), dispón dun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o instrutor/a o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da LRXPAC.

A tramitación dos expedientes realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na planta 9 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, 43, de Pontevedra.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 16 do Real decreto 1398/1993.

Pontevedra, 4 de abril de 2013

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: PO-63/13 NL.

NIF: 35405233.

Denunciado: Manuel Abelleiro Rey.

Enderezo: Grandín, 27, 1º, travesía de América, s/n, 36680 A Estrada.

Establecemento: Area 72, Serafín Pazos, s/n, 36680 A Estrada.

Precepto infrinxido: artigo 23.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro.

Número de expediente: PO-85/13 NL.

NIF: X-6939362D.

Denunciado: Manuel Fernando Carneiro da Silva Vaz.

Enderezo: avenida de Lugo, 13, 5º D, 36004 Pontevedra.

Establecemento: Pigalle, situado na Goulla, Paradela, Meis.

Precepto infrinxido: artigo 23.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro.

Número de expediente: PO-96/13.

NIF: E94043296.

Denunciado: Q-3 CB.

Enderezo: Teniente Domínguez, 133, 36980 O Grove.

Establecemento: Tablao Flamenco Q3, situado na rúa Luis Casais, 5, O Grove.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro.