Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 10 de abril de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación do monte Serra de Penaloba, a favor dos veciños de Cerdeira, Os Cuquexos, Pexeirós e A Rabea, na parroquia de Guntín (Santa María), no concello dos Blancos (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data 3 de abril de 2013, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Serra de Penaloba, solicitada polos veciños da Cerdeira, Os Cuquexos, Pexeirós e A Rabea, na parroquia de Guntín (Santa María), no concello dos Blancos (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 22 de agosto de 2008, tivo entrada no rexistro da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños de Cerdeira, Os Cuquexos, Pexeirós e A Rabea, na parroquia de Guntín (Santa María), no concello dos Blancos (Ourense), en que solicitan ao seu favor a clasificación como veciñal en man común do devandito monte.

Segundo. Con data do 10 de outubro de 2012, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación do referido monte, designar instrutor e realizar as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abriuse un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións, non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que figura no expediente, descríbese así:

Concello: Os Blancos.

Denominación do monte: Serra de Penaloba.

Comunidade veciñal solicitante: veciños de Cerdeira, Os Cuquexos, Pexeirós e A Rabea, na parroquia de Guntín (Santa María).

Superficie total: 76 ha aproximadamente.

Parcelas catastrais que forman o monte: concello dos Blancos, polígono 53, parcelas 344, 566 (para clasificar parte da parcela) e 567. Concello de Baltar, polígono 43, parcelas 163 (para clasificar parte da parcela) e 166 (para clasificar parte da parcela).

Lindeiros:

Norte. Polígono 53, parcelas 403 (Rosa Forneiro Días), 404 (Francisco García Carballo), 405 (Antonio Díaz Blanco), 420 (María del Pilar Blanco Pena), 421 (Andrés Cerradelo González), 408 (María del Pilar Blanco Pena), 409 (Josefa Lama Lemus), 410 (Sergio Lama Opazo), 411 (Celso Iglesias Pena), 412 (María del Pilar Blanco Pena), 413 (Rosa Carballo Lorenzo), 414, 419 e 249 (en investigación), 422 (Manuel Salinas Pena), 424, 425 e 208 (Erundina Pena Olmos), 426 (José Antonio Cuquejo Mora), 427 (Delfín Olmos Fernández), 428 e 621 (José Cuquejo Olmos), 429 (José Olmos Fernández), 430 (Francisco Olmos Díaz), 431 (Avelino Farto Vázquez), 432, 434 e 250 (Francisco García Carballo), 9009 (camiño), 213 (José Pena Campos), 214 (María Pardo Campos), 204 e 628 (Carmen Lorenzo Cuquejo), 605 e 611 (José Martínez Devesa), 608 (María Campos Carballo), 609 (Juan Carballo Pérez), 610 (Concepción Pardo Campos), 612 (Manuel Olmos Gómez), 622 (Césareo Rodríguez Arias), 623 (Benito Arias López), 625 (Rosa Forneiro Díaz), 626 (Rudesindo Trigo Lorenzo), 627 (Rafael Lorenzo Cuquejo). Polígono 52, parcela 9006 (camiño).

Sur. (Propietarios enumerados de leste a oeste); monte veciñal en man común Serra de Gomariz e Pedroso, pertencente a Gomariz no concello de Baltar, polo límite de termos municipais dos Blancos-Baltar (parcelas catastrais 163 e 166 do polígono 43 do concello de Baltar); monte veciñal en man común Gorita, Corgo, Pelitrán e Solleira, pertencente a Penalonga, no concello dos Blancos (parcela catastral 566 do polígono 53 do concello dos Blancos).

Leste. Polígono 53, parcelas 638 (Eloy Ferreiro Salinas), 639 (Pura Campo Campor), 643, 520, 535 e 536 (Erundina Pena Olmos), 645 e 538 (Manuela Díaz Parada), 647 e 488 (Emilio Martínez Pardo), 482 (María Fe Cerredelo Díaz), 483 (Celso Iglesias Pena), 9002 e 9003 (Camiño), 484 (Sergio Lama Opazo), 485 (José Martínez Fernández), 486 e 565 (Antonio Carballo Lorenzo), 487 (Antonio Pazo Opazo), 491 (Josefa Carballo Cuquejo), 495 e 568 (en investigación), 501 (Josefa Olmos Díaz), 505 (María del Pilar Blanco Pena), 509 (María del Carmen Trigo Lorenzo), 511 (José Pena Casares), 512 (Manuel Jesús Opazo Díaz), 519, 532, 534 e 557 (Antonio Díaz Blanco), 521 (Francisco García Carballo), 522 (Virginia Rodríguez Arias), 633 (José Feijoo Díaz), 539 (Avelino Alonso Trigo), 537 e 551 (Rosa Forneiro Díaz), 541, 542, 552, 554, 558, 562 e 563 (descoñecido), 553 (Juan Opazo Opazo), 561 (José Luis Opazo Díaz), 564 (Rosa Alonso Jardón).

Oeste. (Propietarios enumerados de sur a norte); monte veciñal en man común Gorita, Corgo, Pelitrán e Solleira, pertencente a Penalonga, no concello dos Blancos (parcelas catastrais 566 e 342 do polígono 53 do concello dos Blancos), e as seguintes parcelas do polígono 53: 395 (Pilar Olmos Jardón), 390 e 365 (Francisco García Carballo), 9007 e 9008 (camiño), 370 (José Cuquejo Olmos), 369 (Francisco Olmos Díaz), 368 (Manuel Olmos Gómez), 366 (Benito Pena Lorenzo), 364 (Pilar Estévez Pena) e 400 (Juan Opazo Opazo).

O monte a clasificar presenta un encravado composto polas parcelas catastrais números 435 a 481 (ambas inclusive) do polígono 53 do concello dos Blancos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei “son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cuotas polos membros daquelas na súa condición de veciños”.

Terceiro. É reiterada doutrina da sala do contencioso-administrativa do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña disfrutando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común a favor dos veciños de Cerdeira, Os Cuquexos, Pexeirós e A Rabea, na parroquia de Guntín (Santa María), no concello dos Blancos (Ourense), o monte denominado Serra de Penaloba, coa descrición reflectida no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Ourense, 10 de abril de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense