Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica nos concellos de Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira (expediente IN407A 527/2006).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I variante de liña MT afectadas por desdobramento da autovía do Barbanza (expediente 527/2006).

Situación: concellos de Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Características técnicas:

Variante liña de media tensión aérea Padrón-Alto do Bexo e derivada Lestrobe, Revixós e Bexo (expediente 51.879) (Tramo 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,429 km, con orixe en torre metálica existente da LMT PAD-809 Dodro-Taragoña que se recuará, derivación do DC a Lestrobe, Bexo e Revixós, condutor tipo LA-110, e final na mesma liña, apoio existente posterior á derivación a CT depuradora de augas.

Variante liña de media tensión soterrada a 20 kV, cunha lonxitude de 1,180 km, con orixe en torre metálica nova da LMT PAD-809 Dodro-Taragoña, onde se realiza a derivada ao CT depuradora augas Padrón, condutor tipo RHZ1, e final en torre metálica nova LMT PAD-809 Dodro-Taragoña.

Variante liña de media tensión aérea Padrón-Alto do Bexo e derivada Lestrobe, Revixós e Bexo (expediente 51.879) (Tramo 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,092 km, con orixe en torre metálica nova da LMT PAD-809 Dodro-Taragoña, condutor tipo LA-110 (existente en obra) e final na mesma liña apoio existente.

Variante liña de media tensión aérea Alto do Bexo-Derivación a Vacariza (expediente 50.729), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,102 km, con orixe en apoio existente de formigón da LMT PAD-809 Dodro-Taragoña ao CT Vacariza, condutor tipo LA-30 e final en apoio novo de chapa metálica da mesma liña.

Variante liña de media tensión soterrada Isorna-Leiro e derivadas (expediente 155/02), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,070 km, con orixe na mesma liña en punto de acceso á rede existente, condutor tipo RHZ1 e final na mesma liña en punto de acceso á rede existente.

Variante liña de media tensión aérea Vilariño-Rianxo (expediente 50.699), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,315 km, con orixe en torre metálica existente nº 54 da LMT BOI-808 Rianxo, condutor tipo LA-110 proxectado (130 m) e existente en obra (185 metros), e final en torre metálica existente nº 58 da LMT BOI-808 Rianxo.

Variante liña de media tensión aérea Boiro-Boiro (expediente 52.573), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,276 km, con orixe en apoio de formigón existente nº 7 da LMT BOI-803 Boiro, condutor tipo LA-110 proxectado (117 m) e existente en obra (159 m) e final en apoio de formigón existente nº 10 da LMT BOI-803 Boiro.

Variante liña de media tensión aérea Boiro-Derivación a CT Espiñeira (expediente 52.573), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,131 km, con orixe en torre metálica proxectada nº 8 da LMT BOI-803 Boiro, condutor tipo LA-56 proxectado (111 m) e LAC-28 existente en obra (20 metros) e final no CT Espiñeira.

Variante liña de media tensión aérea Lampón-Pobra (expediente 31.916), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,053 km, con orixe en torre metálica existente nº 46/11/8 da LMT BOI-804 Montaña-Pobra, condutor tipo LA-56 e final en torre metálica existente nº 46/11/9 da mesma liña.

Variante liña de media tensión soterrada Lampón-Pobra (expediente 31.916), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,070 km, con orixe en torre metálica existente nº 46/11/7 da LMT BOI-804 Montaña-Pobra, condutor tipo RHZ1 e final en torre metálica existente nº 46/11/8 da LMT BOI-804 Montaña-Pobra.

Variante liña de media tensión aérea Boiro-Montaña (expediente 50.197), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,240 km, con orixe en torre metálica existente nº 46/3 da LMT BOI-804 Montaña-Pobra, condutor tipo LA-110 proxectado (99 m) e existente en obra (141 m) e final en torre metálica existente nº 46/6 da LMT BOI-804 Montaña-Pobra.

Variante liña de media tensión aérea a CT Lampón (expediente 51.556), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,041 km, con orixe en apoio de formigón existente nº 46/22 da LMT BOI-804 Montaña-Pobra, condutor tipo LA-30 e final en torre metálica existente nº 46/23 da mesma liña.

Variante liña de media tensión soterrada a novo CT Lampón a 20 kV, cunha lonxitude de 0,035 km, con orixe en torre metálica existente nº 46/23 da LMT BOI-804 Montaña-Pobra, condutor tipo RHZ1 e final no novo CT Lampón proxectado.

Novo centro de transformación prefabricado Lampón, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Variante liña de media tensión aérea Ribeiriña-Casás-Sto. Isidro (expediente 31.916), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,183 km, con orixe en apoio de formigón existente nº 55/7 da LMT BOI-804 Montaña-Pobra, condutor tipo LA-110 proxectado (88 m) e LA-30 existente en obra (95 m) e final en apoio de formigón existente nº 55/10 da LMT BOI-804 Montaña-Pobra.

Variante liña de media tensión aérea DC Palmeira-Sirves-Tomada (expediente 404/03), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,561 km, con orixe en apoio de formigón existente nº 12 da LMT DC PMR-806 Couso e 814 Corrubedo, condutor tipo 2 LA-110 proxectado (2×178 m) e existente en obra (2×383 m) e final en apoio de formigón existente nº 12 da LMT DC PMR-806 Couso e 814 Corrubedo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de marzo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña