Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Venres, 26 de abril de 2013 Páx. 13186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica LMT, CT e RBT para alimentación a planta de bombeo no concello de Paderne de Allariz (expediente IN407A 2013/16-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Concello de Paderne de Allariz.

Domicilio social: Rioseco, nº 7, 32111 Paderne de Allariz.

Denominación: LMT, CT e RBT para alimentación a planta de bombeo.

Situación: Paderne de Allariz.

Características técnicas:

LMT aereosubterránea a 20 kV de 50 m en aéreo con condutor LA-56 e 260 m en subterráneo con condutor RHZ 3×95 AL e con orixe na LMT UFD VLL813 Pte. Gozos-CH Castadón e remate no CT proxectado de 100 kVA e R/T 20.000/400-230 V, en apoio de formigón exterior.

RBT subterránea de 10 m con condutor RV.

Orzamento: 30.784,74 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 25 de marzo de 2013

P.S.L. (Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
María D. Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas