Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 25 de abril de 2013 Páx. 12934

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (249/2006-A).

Inmaculada Marín Gómez, secretaria do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo, certifica que no procedemento da referencia foi ditada a resolución do teor literal seguinte:

«Vigo, 31 de xullo de 2006.

Vistos por Mª Isabel Benito Sánchez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) os presentes autos de procedemento de divorcio, seguidos co número 249/2006, por instancia de Mª Fernanda Vilán Taboada, representada pola procuradora Sra. Llordén Fernández-Cervera e defendida pola letrada Sra. Teijeira Rodríguez, contra Antonio Jesús Moreira González, en situación procesual de rebeldía. Con intervención do Ministerio Fiscal.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo que, estimando parcialmente como estimo a demanda presentada pola procuradora Sra. LLordén Fernández-Cervera en nome e representación de Mª Fernanda Vilán Taboada, contra Antonio Jesús Moreira González, debo declarar e declaro a disolución, por causa de divorcio, do matrimonio formado por ambos os litigantes, contraído en Vigo, Pontevedra, no día 31 de agosto de 1980, con todos os seus efectos legais, mantendo as medidas definitivas establecidas na anterior sentenza de separación, nos mesmos termos, e modificando a estipulación relativa ao réxime de visitas a favor do demandado que, actualmente está legalmente deixada sen efecto, e a estipulación relativa á pensión de alimentos dos fillos e a cargo do pai, que se modifica, no senso de quedar reducida a 270 euros mensuais.

Así que sexa firme o pronunciamento referido á disolución do vínculo conxugal, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil de Vigo (Pontevedra), co fin de que se proceda á súa anotación marxinal na folla de inscrición do matrimonio.

Esta sentenza é susceptible de recurso de apelación ante este xulgado para a Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, que deberá prepararse no prazo de cinco días, contado a partir do seguinte ao da súa notificación».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Antonio Jesús Moreira González, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 8 de abril de 2013

A secretaria