Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12780

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (398/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 398/2011 por instancia de Marta Quinteiro Lago contra a empresa Ocaper Gourmet, S.L. e o Fogasa sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 1.4.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Ditamino:

Que se estima parcialmente a demanda interposta por Marta Quinteiro Lago fronte a Ocaper Gourmet, S.L., con intervención do Fogasa e, en consecuencia:

– Condénase a Ocaper Gourmet, S.L. a aboar á demandante a cantidade de tres mil novecentos sesenta e sete euros con setenta e sete céntimos de euro (3.967,77 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E, para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ocaper Gourmet, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 4 de abril de 2013

A secretaria xudicial