Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12781

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (194/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe

Certifico: que neste xulgado se seguen autos número 194/2011 por instancia de Máximo Reyero Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap, a empresa Vázquez Vidal Construcciones, S.L. sobre determinación de continxencia nos que recaeu sentenza con data do 27.3.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido

Desestímase a demanda interposta por Máximo Reyero Fernández fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua Fremap e a empresa Vázquez Vidal Construcciones, S.L. absolvendo as citadas entidades e empresas das pretensións fronte a eles dirixidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Vázquez Vidal Construcciones, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de abril de 2013

A secretaria xudicial