Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12779

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5079/2010-MFV).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, A Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5079/2010 desta sala, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social; Asepeyo, Mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, Construcciones Generales Rodríguez, S.L. e Virgilio Gregory Hernández López sobre outros dereitos de seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que rexeitamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do INSS contra a sentenza do 13.7.2010, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, en proceso sobre seguridade social-reintegro, promovido pola Mutua Asepeyo contra o recorrente, a TXSS, Construcciones Generales Rodríguez, S.L. e Virgilio Gregory Hernández López, e confirmamos a sentenza contra a que se recorreu».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto de comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones Generales Rodríguez, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de marzo de 2013

A secretaria xudicial