Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12776

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2013 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e especialidade de bibliotecas, subgrupo A2, desta universidade, en virtude de probas selectivas polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución reitoral do 28 de outubro de 2011, modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 11 de novembro de 2011 e do 30 de xaneiro de 2012), para cubrir 15 prazas vacantes da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e especialidade de bibliotecas, subgrupo A2, da USC, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, e tras comprobar que as persoas aspirantes reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de conformidade co disposto no artigo 87.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e nomear persoal funcionario de carreira da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, na especialidade de arquivos e na especialidade de bibliotecas da USC, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre, que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. Para a adquisición da condición de funcionario/a de carreira, as persoas interesadas prestarán xuramento ou promesa de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

Terceiro. A toma de posesión deberán efectuala perante este reitoría, no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto do presente nomeamento, para tomar posesión deberán realizar a declaración a que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade do artigo 10 da Lei 53/1984.

Quinto. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que ditou a resolución. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos e especialidade de bibibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela

Especialidade de arquivos, quenda de acceso libre:

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

46907589D

Domínguez Pallas, Desiré María

2

76829983R

Salgueiro Doce, Lucía

Especialidade de bibliotecas, quenda de promoción interna:

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

33268882A

Rodríguez Dopazo, José

2

29184057R

Bouyssou Poincheval, Marie Pierre

3

33268401M

Cierto Castaño, María Carmen

4

33296644G

Iglesias Otero, María Luisa

Especialidade de bibliotecas, quenda de acceso libre:

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

07855711S

Gómez Pérez, César

2

32781098A

Gómez Méndez, María Lorena

3

25145545J

Villar Teijeiro, Francisco Javier

4

32686192H

Cana Villar, María

5

44448060P

Fernández Núñez, Amparo

6

34263489K

Diéguez Méndez, Yolanda

7

35573511D

Martínez Pousa, Cristal

8

47366593W

López Giménez, María

9

50846910M

Sempere Serrano, Isabel Pilar