Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 9 de abril de 2013, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-S-14/2012, por infracción administrativa en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que se cita a seguir a proposta de resolución ditada pola Xefatura da Área Provincial de Pontevedra da Axencia Turismo de Galicia no expediente sancionador en materia de turismo número PO-S-14/2012, por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Advírteselle ao titular do establecemento denunciado que, de conformidade co artigo 18 do Real decreto 1398/1993, poderá presentar alegacións no prazo de quince días, contados desde a publicación desta proposta. Transcorrido o dito prazo, a Axencia Turismo de Galicia ditará a resolución definitiva que corresponda.

Expediente: PO-S-14/2012.

Titular sancionado: Don Pepone, C.B.

Establecemento: Don Pepone.

Enderezo: r/ Abundancia, nº 8, baixo.

Concello: Pontevedra.

Data da proposta: 6 de setembro de 2012.

Feitos imputados: realización de actividades e prestación de servizos turísticos sen que se presente a correspondente declaración responsable ou se obtivese a preceptiva autorización turística, de ser o caso.

Preceptos infrinxidos: artigo 35 da Lei 7/2011, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: 1.800 euros, de conformidade co establecido no artigo 119.b) da Lei 7/2011, de turismo de Galicia.

Pontevedra, 9 de abril de 2013

Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Pontevedra