Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12817

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Barreiros (expediente IN407A 2012/103-2, 8072 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS, CT San Pedro a PA/S LMT Ribadeo 1, derivación a CTI Lóngara.

Situación: concello de Barreiros.

Características técnicas:

– LMTS en canalización existente e proxectada con orixe no CT San Pedro e final nun paso soterrado a aéreo en apoio existente da LMT Ribadeo 1, cunha lonxitude de 1.555 metros de condutor tipo RHZ1-240.

– LMTS en canalización proxectada con orixe no CT Compacta (existente) e final no CT Souto III existente, cunha lonxitude de 1.210 metros de condutor tipo RHZ1-240.

– Derivación a CTI Lóngara con orixe nun paso aéreo a soterrado e final en outro paso aéreo a soterrado cunha lonxitude de 230 metros en condutor RHZ1-150.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 27 de marzo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo