Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.
Denominación: CT, RBT Reigada.
Situación: concello de Monforte de Lemos.
Características técnicas:
– CT Reigada prefabricado fin de liña rural, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.
– LBTS baixo tubo con orixe no CT Reigada, cunha lonxitude de 873 metros en condutor tipo XZ.
– LBTA tensada sobre apoios de formigón con orixe nas RBT soterradas, cunha lonxitude de 927 metros en conductor tipo RZ.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 27 de marzo de 2013
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo