Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan de sectorización en Sobre das Grelas, concello de Rois.

En cumprimento do disposto no número 7 do artigo 7 da Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, en que se integran o procedemento de avaliación ambiental estratéxica establecido na Lei 9/2006, do 28 de abril, e o procedemento de aprobación de planeamento urbanístico establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, faise pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica, do 8 de abril de 2013, do Plan de sectorización en Sobre das Grelas, concello de Rois (A Coruña). Esta memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 0942/2009.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental