Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da subministración de analizadores automáticos de medida de contaminantes no aire ambiente e cabinas de intemperie.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 17/2012 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 17577

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de analizadores automáticos de medida de contaminante no aire ambiente e cabinas de intemperie.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 38433100-0.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación:

DOG nº 108, do 7 de xuño de 2012.

DOG nº 123, do 28 de xuño de 2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 157.200 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto 157.200 €. Importe total 185.496 €.

6. Financiamento: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007/2013, eixe 3, tema prioritario 47.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 21.3.2013.

b) Data de formalización do contrato: 1.4.2013.

c) Adxudicatario: Ingenieros Asesores, S.A.

d) Importe da adxudicación: importe neto 138.336 €; importe total con IVE 167.386,56 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2013

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas