Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 9 de abril de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas en varios recursos administrativos (expediente RA/VI/2011/00243 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas nos recursos de alzada devoltas polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as devanditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo sinalado no anexo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Núm. recurso

Núm. expediente

Recorrente

Resolución do recurso

Recurso contencioso-administrativo perante o:

RA/VI/2011/00243

49628

Luisa González Cives

Desestimatoria

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense

V-2011/0055

49012

Valentín Porto Villanueva

Desestimatoria

Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña

RA/AG/2012/00057

DH.D36.17550

Comunidade de Propietarios Edificio La Mantela

Desestimatoria

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-Sala do Contencioso-Administrativo

V-2010/0111

S-RA-0178/09

José Antonio López Blanco

Estimatoria parcial

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela

RA/VI/2012/00092

36-AQ-0813/04

José Benito Méndez Martínez

Desestimatoria

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra