Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12595

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (887/2012).

Rafael Gonzalez Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 887/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Alberto Martínez Castro contra Transportes José Carlos Vázquez Carral e o Fondo de Garantía Salarial, sobre extinción de contrato e reclamación de cantidade, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

Que, estimando parcialmente a demanda presentada por Luis Alberto Martínez Castro contra a empresa Transportes José Carlos Vázquez Carral, debo declarar e declaro extinguido o contrato de traballo que vinculaba as partes no día de hoxe, condenando a empresa demandada a aboar ao demandante unha indemnización equivalente a 12.098,56 euros e, en concepto de salarios debidos, a cantidade de 8.112,8 euros máis o xuro por mora, así como as custas procesuais. Se absuelve o Fogasa sen prexuízo da ulterior responsabilidade que poida ter nos casos legalmente previstos.

Notifíquese esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exigidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Transportes José Carlos Vázquez Carral, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 25 de marzo de 2013

O secretario xudicial