Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2012/241-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Abelas Alexán, S.L.

Domicilio social: pol. indust. da Laracha, parcela B2, 15145 A Laracha.

Denominación: acometida a CS, LMTS e CT de 630 kVA para nave dedicada a carpintaría metalica e corte/fabricacion de vidro.

Situación: pol. indust. da Laracha, parcela B2, 15145 A Laracha.

Características técnicas: acometida a CS para conexión en bucle (2×4 m en RHZ1 12/20 kV, Al 204 mm2), CS prefabricado con celas de entrada, saída e de remonte, 24 kV, 400 A. Liña soterrada de 82 m de lonxitude RHZ 3*(1*95 mm2 Al). CT prefabricado exterior, celas de liña, de protección e de medida 400 A, 24 kV, transformador 15/0,42 kV, aceite, 630 kVA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial, resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 18 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña