Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2013, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se someten a información pública os expedientes de regularización das concesións de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0453; XG-027, entre Pazos de Borbén e Pontevedra, con anexos, e V-7033; XG-407, entre Pontevedra-Marín-Alba.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciáronse os respectivos expedientes de regularización das concesións V-0453; XG-027, entre Pazos de Borbén e Pontevedra, con anexos, de Autos Arcade, S.L. e V-7033; XG-407, Pontevedra-Marín-Alba, de Autobuses de Pontevedra, S.A. V-3050; XG-344.

Os interesados ou afectados nos expedientes poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Pontevedra (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar), efectuar as alegacións que coiden oportunas no prazo de quince días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 18 de marzo de 2013

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra