Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se concede autorización a Tüv Rheinland Iberica Inspection, Certification and Testing, S.A, para actuar como organismo de control.

Examinada a solicitude de autorización presentada por Vicente Arazuri Herce en nome de Tüv Rheinland Iberica Inspection, Certification & Testing, S.A., con CIF A-59555466, con sede en Galicia na rúa de Amio, 114 1, Pl 1 parque empresarial Costa Vella, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), para actuar como organismo de control, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ten en consideración os seguintes

Feitos.

Primero. Tüv Rheinland Iberica Inspection, Certification & Testing, S.A. foi acreditada por Enac, entidad nacional de acreditación, para as actividades de Inspección na Área Ambiental, segundo os criterios recollidos na Norma UNE-EN ISO/IEC 17020, tal e como consta no certificado de acreditación 11/EI091 do 18.5.2001 (anexo técnico revisión 14); e segundo os criterios recollidos na Norma UNE-EN ISO/IEC 17025, para as actividades de ensaios no sector ambiental segundo o certificado 822/LE 2008 do 21.12.2012 (anexo técnico revisión 1) e ensaios en acústica segundo o certificado 822/LE1692 do 3.9.2010 (anexo técnico revisión 1); con vixencia ata notificación en contra en todos os casos.

Segundo. Con data do 14 de febreiro de 2013, Vicente Arazuri en nome de Tüv Rheinland Iberica Inspection, Certification & Testing, S.A. presentou escrito solicitando, ao abeiro do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de infraestruturas de calidade e seguridade industrial, que se lle concedese a autorización para actuar como organismo de control nos ámbitos regulamentarios solicitados. Para tal efecto, acompañaba a documentación exixida no artigo 43.3 do citado real decreto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Esta Secretaría Xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia (BOE nº 101, do 28 de abril), nos reais decretos 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto) e 2536/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro; DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro) e do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE do 23 de xullo) e o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial e demais lexislación concordante.

Segundo. Na tramitación deste expediente cumpríronse todos os requisitos regulamentarios.

Terceiro. A documentación presentada por Tüv Rheinland Iberica Inspection, Certification & Testing, S.A. acredita que a empresa cumpre coas exixencias xerais establecidas no artigo 43.3 do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, para a súa actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, de acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar a Tüv Rheinland Iberica Inspection, Certification & Testing, S.A., para actuar como organismo de control para as actividades de:

– Inspección en augas residuais, emisións de fontes estacionarias e aire ambiente.

– Ensaios en acústica.

– Ensaios en calidade do aire, sistemas automáticos de medida de emisións e emisións atmosféricas de fontes estacionarias.

2. Esta autorización ten un período de vixencia ata notificación en contra e pode ser suspendida ou revogada ademais de nos casos previstos na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de Enac.

3. Tüv Rheinland Iberica Inspection, Certification & Testing, S.A., queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos ámbitos regulamentarios e período de vixencia establecidos nos puntos primeiro e segundo, respectivamente, debendo, en calquera caso, notificar á Administración competente da Comunidade Autónoma distinta da que o autorizou o inicio da súa actividade.

4. Esta autorización queda supeditada as seguintes condicións:

1) Comunicar á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ao día seguinte de producirse calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, xuntando, se é o caso, informe ou certificado da entidade nacional de acreditación (Enac).

2) Cumprir o establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria e no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

3) Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumprir os requisitos suplementarios que no seu día poda establecer a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contados desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e evaluación Ambiental