Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade a unha renovación de autorización ambiental integrada.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), artigo 23, número 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á renovación da autorización ambiental integrada concedida á instalación industrial que se relaciona a seguir e que se pode consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

– Resolución do 21 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a un matadoiro de aves no concello de Pontevedra (nº de rexistro AAI: 2006/0381_NAA/IPPC_071; clave expediente renovación 2012-IPPC-M-75).

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental