Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2013 Páx. 12425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de abril de 2013 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/9/2013, devolta polo órgano notificador por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística III acordou, o 4 de marzo de 2013, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a José María Fandiño Maciñeiras e a María Digna Rodríguez Dacosta polas obras realizadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na ampliación dunha vivenda unifamiliar no lugar de Ansede, parroquia de Lagostelle, no termo municipal de Guitiriz, na provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do devandito acordo, mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación desta cédula, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística