Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2013 Páx. 12426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de abril de 2013 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción urbanística 107 C 2012/14-0.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 26 de febreiro de 2013, resolución pola que se impón unha sanción consistente en multa a María del Carmen González Fernández, en calidade de promotora das obras, como responsable dunha infracción urbanística moi grave consistente na instalación dunha edificación de madeira de uso residencial sobre unha soleira de formigón non vinculada a explotación agrícola ou gandeira e na apertura dunha pista, no lugar de Santo Albites, no termo municipal de Viveiro, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Roberto Guerra Baamonde, en representación de María del Carmen González Fernández, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao representante a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao representante que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non se exerce o dereito de presentar recurso potestativo de reposición, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou ante o da circunscrición onde a recorrente teña o seu domicilio, á escolla desta, conforme o disposto no artigo 14.1, regra segunda da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación ao representante da citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística